Podemos reestrutura a súa Comisión de Garantías en Galicia tras a polémica sobre os resultados de Gómez Reino

Modifica a composición deste órgano nomeando a novas persoas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 24/01/2019 | Actualizada ás 10:51

Comparte esta noticia

Podemos decidiu reestruturar a súa Comisión de Garantías en pleno debate sobre unha posible manipulación dos resultados das pasadas primarias que deron a victoria a a Antón Gómez Reino fronte a Carolina Bescansa.

Carolina Bescansa e Antón Gómez-Reino.
Carolina Bescansa e Antón Gómez-Reino.

Na noite deste mércores, a Comisión de Garantías de Podemos Galicia reuniuse para estruturar a súa composición “de acordo coa regulamentación establecida pola Comisión de Garantías estatal de Podemos”, tal e como apuntou nun comuniado.

Desta forma, a Comisión de Garantías de Podemos Galicia queda integrada por María de la O Fernández González, como presidenta; como secretaria, Marta Díaz Marcos e como vogais, Vanessa Vidal, Bieito Cambeiro, Luis Medardo Díaz, Fernando Otero e María Otero. Segundo as fontes consultadas os novos membros son afíns á candidatura de Gómez Reino.

CRÍTICAS DE BESCANSA

Este mesmo mércores, Bescansa publicou unha mensaxe nas súas redes sociais na que pedía que a secretaría que dirixe Pablo Echenique atenda a petición efectuada pola xa ex Comisión de Garantías de Podemos Galicia a través dun ditame que foi desacreditado pola dirección galega.

Unha petición á que lle restou validez a dirección galega, xa que asegura que non existía 'quórum' na reunión na que Garantías aprobou dito ditame no que cuestiona a limpeza das primarias celebradas o pasado mes de outubro.

"A Comisión de Garantías Democráticas de Podemos solicitou a Echenique a auditoría das votacións en Galicia con sólidos argumentos. Hoxe súmome a esa petición e chamei a Gómez Reino para pedirlle que tamén o faga. Con transparencia, gaña Podemos", publicou Bescansa, que, tras perder o proceso por unha marxe de máis de 300 votos, anunciou que abandonaría o seu escano no Congreso cando concluísen as comisións parlamentarias nas que participa.

RESPALDO DA DIRECCIÓN DE PODEMOS

Con todo, a resposta dede a dirección foi modificar por completo este órgano de garantías que, tres meses logo das votacións, puxo en dúbida a limpeza do proceso no que gañou Gómez Reino, candidato afin a Pablo Iglesias.  De feito, a dirección estatal de Podemos defendeu sempre a limpeza dos procesos de votación no partido morado, xa que os resultados non son publicados ata que se realizan dúas auditorías.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 FARALDO

Estos son os meus principios e se non lle gostan teño outros¡¡ Asi actua Tone e os seus seguidores