A Armada Brancaleone naufraga antes de chegar a porto

Mario Monicelli logrou prever con varias décadas de anticipación, o que estaba previsto que podía suceder en Galicia, con este exercito de posmodernos, progres, mareantes, que tentou comandar Xose Manuel Brancaleone.

Por Lois Pérez Leira | Vigo | 21/12/2018

Comparte esta noticia
A Armada  tiña como meta liberar Terra Santa e terminou por abandonar o Camiño de Santiago, ao pouco de iniciar a difícil marcha. Xose Manuel foi traizoado no nobre  intento (Vittorio Gazzman) e o exército ambicioso sen o líder, comezou a conspirar.  Moitos dos seus oficiais venderon a súa alma a 'Roma' e  abandonaron o Santo Sepulcro, onde descansa o noso Santiago.
 
Esperpéntico é pouco para  definir o que sucede coa Marea. Despois do éxito ilusionador de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), acábase a historia con acusacións, disputas, demandas xudiciais, agresións etc. Todo no marco dun proxecto vacio,  posibilista, que só tenta coas súas candidaturas, darlle legalidade ao sistema capitalista nas distintas expresións gobernamentais.
 
Esta situación denota a mediocridade ideolóxica e política de nosa 'Caste' progre. Os novos referentes "da nova política" carecen dun proxecto estratéxico para Galicia. Mentres no mundo desátase unha gran poxa política  entre o neoliberalismo e os países soberanos. Aquí estamos preocupados polo padrón electoral, as eleccións telemáticas dos candidatos etc.
 
Está claro que debemos de repensar e refundar unha esquerda galega rupturista, soberanista, republicana e anti capitalista. Aínda Xosé Manuel Beiras pode coa súa lucidez, retomar a iniciativa política. Hai que terminar co asambleísmo hipócrita, cos líderes pre fabricados, as caras bonitas... Se non movemos ficha, Galicia perderá o peso que se merece no marco político estatal. Lonxe estamos do que sucede en Cataluña e en Euskadi.
 
Brancaleone debe subirse ao seu burro, coller a súa espada e regresar coa Armada para liberar Compostela.
 

O histórico dirixente nacionalista, Xosé Manuel Beiras, no acto de Anova
O histórico dirixente nacionalista, Xosé Manuel Beiras, no acto de Anova
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Lois Pérez Leira Naceu en Vigo en 1953, emigrando á Arxentina cos seus pais sendo aínda un neno. En 1990 retorno definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros sobre a emigración galega e impartiu distintas conferencias en distintos países do mundo. Nos últimos anos se dedicou ao documentalismo sendo director de 18 documentais. Na actualidade é o secretario xeral de Nova Esquerda Socialista, organización que participa do Novo Proyecto Común. Foi distinguido en numerososa oportunidades, sendo nomeado cidadán ilustre da cidade de Salvador de Bahia.