Lugo aposta polo porco celta

Este sector xera na provincia beneficios de 400.000 euros cun modelo de crianza dos animais natural e libre.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 11/12/2018 | Actualizada ás 10:30

Comparte esta noticia

A produción de porco celta é un sector en auxe que, ademais de buscar a supervivencia desta especie en perigo de extinción, pode converterse nunha oportunidade única de emprego e de xeración de riqueza. En Galicia xera un volume de negocio superior a 1 millón de euros. Conta con máis de 130 explotacións que forman parte de ASOPORCEL e os animais que se sacrifican na comunidade galega oscilan entre as 1.500 e 2.000 cabezas de gando.

O presidente da Deputación de Lugo visita unha granxa de porcos celtas
O presidente da Deputación de Lugo visita unha granxa de porcos celtas | Fonte: Deputación de Lugo

E Lugo é, con diferencia, a provincia que máis explota este tipo de proco. Das 130 explotacións existente en Galicia , unhas 60 están en Lugo e desenvolven un modelo de crianza exemplar en España.  Un negocio que xera 400.000 euros na provincia.

Por iso, a Deputación de Lugo decidiu custear todos os programas sanitarios que estas explotacións teñan a obriga de cumplir, por exemplo as vacinacións, revisións veterinarias ou os simples análises de sangue, para poder comercializar estes produtos, que son de primeira calidade pola coidada crianza dos animais.

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto ao Voceiro do Goberno Provincial, Álvaro Santos Ramos, visitaron este luns varias explotacións de porco celta, afincadas no Concello de Friol, para coñecer de primeira man  o sector. “Queremos  contribuír á necesaria profesionalización deste sector que, aínda estar en auxe, hoxe en día segue a ser unha actividade económica complementaria para os criadores”, apuntou Campos que dixo que pode ser unha alternativa de negocio para os máis novos e evitar, así, a despoboación do rural. 

A Asociación de Criadores de Ganado Porcino Celta –ASPORCEL-, da que forman parte unhas 130 explotacións de Galicia, busca promover e dinamizar a produción do porco celta para comercializar os seus derivados. Esta entidade impulsa un modelo de crianza dos animais natural e libre, que na provincia de Lugo é un referente en España. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta