O líder dos 'Miguelianos' queda en liberdade provisional á espera da sentenza

Non trascendeu se sairá de prisión inmediatamente.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 05/12/2018 | Actualizada ás 12:07

Comparte esta noticia

O líder da Orde e Mandato de San Miguel Arcángel, Miguel Rosendo, foi notificado este mércores de que quedará en liberdade provisional á espera da sentenza, segundo confirmou o TSXG.

Miguel Rosendo nos xulgados de Pontevedra. Europa Press
Miguel Rosendo nos xulgados de Pontevedra. Europa Press | Fonte: Europa Press

O próximo 11 de decembro cúmprense catro anos da prisión provisional e o xuízo está visto para sentenza. Aínda non transcendeu se sairá de prisión inmediatamente e polo momento non se pronunciaron nin os avogados da defensa, nin a acusación particular.

A Fiscalía ratificou a súa petición de pena de 66 anos para Rosendo despois de 30 sesións do xuízo na Audiencia Provincial de Pontevedra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta