Ultimatum ao futuro de Podemos Galicia

En politica é importante tomar postura, é en Xuntos sempre o facemos. Temos claro que Podemos Galicia está morto, Carmen Santos Quiruga matouno, e non será fácil revivilo, e tampouco creo que sexa o que se queira facer desde Madrid.

Por Carlos González Armada | Vigo | 20/11/2018

Comparte esta noticia

Non teño claro que Pablo Igrexas queira que Podemos persista no tempo máis aló de branquear a IU con Unidos Podemos despois de conseguir a súa pensión parlamentaria vitalicia

Pero agora mesmo a única opción de que Podemos se mantéña en Galicia é apoiar as mellores candidaturas, ou as menos malas dependendo quen o vexa.

Por iso en  Xuntos imos apoiar a Xaquin  Pastoriza Cerviño en Vigo, a Antonio Villanueva en Sanxenxo, a Eusebio  Onega en Ames, a José  Buitron en Coruña, é a Borja San Ramón Tizón en Ferrol.

A pesar da nosa posicion en positivo dubidamos moito do futuro de Podemos Galicia, veremos se con estes posibles Secretarios Xerais Municipais Podemos non morre igual, esperamos que non.

Algún xa cometeu erros graves no pasado, pero só é iso, pasado, e se cos 4 inscritos activos que quedan en Podemos Galicia lles crucificamos polo seu pasado terminariamos de matar o partido que Carmen Santos deixou ferido de morte

Carolina Bescansa e Antón Gómez-Reino.
Carolina Bescansa e Antón Gómez-Reino.

En Xuntos apostamos por crear candidaturas de consenso para as municipais, cada quen na súa propia personalidade e criterios, é se non se conseguen pactos pre electorales con todos os movementos de esquerda nunha candidatura unitaria, apostamos por que a que salga poda pactar post electoralmente con quen se quede fóra

Se de está vez non vai teremos que plantexarnos deixar as trincheiras de verdade é tomar as accións necesarias para provocar unha fronte amplía radical no espazo político da xente do común

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA