Sabes que é a.gal?

Acordo entre a Asociación PuntoGal e a Agal para impulsar o dominio en galego e o reintegracionismo.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 29/10/2018 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

AGAL xa é a.gal. Os presidentes da Asociación PuntoGal, Manuel González González, e da Associaçom Galega da Língua (AGAL), Eduardo Maragoto, veñen de asinar un convenio de colaboración que, entre outras accións, inclúe a cesión deste dominio a.gal á entidade reintegracionista. Este novo enderezo encádrase no compromiso da AGAL coa utilización do .gal desde o primeiro momento en sites como agal.gal, pgl.gal ou feirando.gal. Entre tanto, a AGAL comprométese a dar cobertura ás actividades realizadas por PuntoGal para promover a utilización do dominio a través dos seus órganos de expresión.

Eduardo Maragoto, da AGAL, e Manuel González, presidente de PuntoGal
Eduardo Maragoto, da AGAL, e Manuel González, presidente de PuntoGal | Fonte: remitida

Os dominios dunha soa letra apenas poden ser adxudicados, vía convenio, a entidades que tiveren algún tipo de relevancia dentro da sociedade galega en calquera dos seus ámbitos. Grazas a este convenio, a AGAL vai poder utilizar o dominio Premium dunha letra a.gal. 

Segundo sinalou o presidente de PuntoGal, Manuel González, “cómpre xuntarmos as forzas de todo o asociacionismo comprometido co galego para darlle un pulo absolutamente necesario ao proceso de expansión social da nosa lingua. E na conxunción destas sinerxías PuntoGal debe ser un elemento nuclear, un necesario lugar de encontro, a casa común”.

“Neste caso particular dáse a feliz coincidencia de o nome da asociación encaixar marabillosamente ben no dominio .gal, mais o fundamental é a potenciación deste tipo de dominios porque son unha maneira imprescindíbel de fortalecer unha identidade galega dixital”, afirmou Maragoto após o acto de asinatura.

PuntoGal E AGAL

PuntoGal, que está a piques de acadar os cinco mil dominios rexistrados, vai continuar a promover este tipo de convenios fundamentalmente “en novos proxectos relacionados coa lingua, a cultura e a tecnoloxía, os tres eixos centrais da nosa actuación, como a AGAL, que ten o traballo coa lingua no seu propio ADN", lembra o director xeral da PuntoGal, Darío Janeiro, presente tamén no acto.

Para Janeiro “é unha forma máis de sinalar a relevancia que damos ás entidades dentro do proxecto común do dominio galego. Igualmente, as socias e socios da AGAL obteñen dominios a un prezo máis reducido, co obxectivo de propagar o seu uso o máximo posible".

Pola súa vez, Maragoto sinalou que “os sites da AGAL teñen milleiros de visitantes procedentes doutros territorios lusófonos, especialmente do Brasil, o cal dá ao dominio .gal unha difusión internacional necesaria para difundir a identidade galega na rede”

O convenio entre as dúas entidades inclúe, igualmente, a posibilidade de que as asociadas e asociados de AGAL poidan mercar un dominio .gal ao prezo reducido de 13 euros máis IVE. Para facer efectiva a oferta, terán que utilizar uns códigos promocionais a través dos rexistradores que colaboran na promoción, Dinahosting e Entorno Digital.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

4 Ardentía

A foto asinando o convenio nunha cafetería da Praza Roxa xa o di todo desta "colaborasao"...! :-D

3 Deaipadiante

O "reintegracionismo" é unha mentira, porque o galego nunca se escribiu coma o portugués.

1 Joám Varela

“Nunca”? Rosalía escrevia “coraçon”, sem ir mais longe… Pondal escrevia “jamais”…

2 Falemos galego

Nunca! E logo, os cancioneiros galego/portugueses em que idioma estão escritos? Há gente que pensa que o galego e o português são línguas diferentes que tomaram caminhos diferentes, outros pensamos que são variedades dum mesmo idioma, pero moi poucos negam que ambas variedades não tenhem uma origem comum.

2 Foratodos

Aínda me recorda cando os lusistas criticaban o dominio .gal, porque segundo eles era o .Pt o que lle correspondía o galego, e agora vanlle dar o dominio "A" por favoritismo... Polo menos agora sabemos quen o seu partidario na RAG.

1 Joám Varela

E quando foi essa crítica reintegracionista? Porque a AGAL sempre, SEMPRE, defendeu institucionalmente o domínio .gal

1 Solóvio

Parabéns para a PuntoGal e para a Agal, duas organizações que atuam com consciência do tempo em que vivemos, oxalá outras tomem nota.