Como se pode financiar un proxecto empresarial

A Cámara de Santiago inaugura un taller gratuíto para dar a coñecer os mellores sistemas de financiamento empresarial

Por GC Emprende | Compostela | 16/09/2018 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

Son Crowdfundig ou o Business Angel sistemas válidos para financiar unha empresa?. A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela celebra a partir deste luns, e ata o venres 21, un taller gratuíto sobre “Como atraer financiamento para a creación dun proxecto empresarial”.

Emprendedor
Emprendedor

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo, unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Empleo y Seguridad Social. A actividade está destinada a socios e persoas vencelladas a proxectos cooperativos ou de economía social, emprendedores ou persoas interesadas en xeral. 

O taller ten por obxecto que os participantes coñezan os distintos sistemas de financiamento de proxectos, tanto públicos como privados, con especial referencia aos máis novidosos e menos empregados como son o Crowdfundig ou o Business Angel. Ademais, os alumnos aprenderán a resolver supostos prácticos sobre o financiamento dunha empresa, coñecerán modelos de presentación para solicitar financiamento para un proxecto de empresa e analizarán como realizar presentacións eficaces de proxectos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 piter

O taller ten por obxecto que os participantes coñezan os distintos sistemas de financiamento de proxectos,Camisetas Sport Club tanto públicos como privados, con especial referencia aos máis novidosos e menos empregados como son o Crowdfundig ou o Business Angel. Ademais, os alumnos aprenderán a resolver supostos prácticos sobre o financiamento dunha empresa, coñecerán modelos de presentación para solicitar financiamento para un proxecto de empresa e analizarán como realizar presentacións eficaces de proxectos.

1 JulioK

Me parece una iniciativa muy buena fomentar el emprendedurismo entre la población. España ahora mismo es de los pocos países que invierte y lleva a cabo este tipo de iniciativas. Y hay talento de sobra, y es una pena que empresas como Smartbox, una startup con equipo español, tenga que irse a business angels extranjeros para poder hacer realidad su proyecto. Que por cierto está teniendo un éxito y unas opiniones muy positivas.