O Parlamento galego mostra o seu desacordo coa sentenza de 'La Manada'

A Cámara expresa a súa "comprensión coa decepción e a indignación" das mulleres.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/05/2018 | Actualizada ás 17:38

Comparte esta noticia

O Parlamento galego mostrou este mércores a súa "comprensión coa decepción e a indignación" das mulleres e expresou o seu "desacordo" coa sentenza da Audiencia Provincial de Navarra que o pasado 26 de abril condenaba os cinco membros da coñecida como 'La Manada' a nove anos de prisión por un delito de abuso e non de agresión sexual.

Parlamento de Galicia
Parlamento de Galicia | Fonte: Europa Press

Nunha declaración institucional que leu o xefe do Lexislativo, Miguel Santalices, na sesión plenaria deste mércores, a Cámara reafírmase no seu "respecto á independencia do poder xudicial", aínda que considera que "toda manifestación pública do exercicio dos poderes dun Estado democrático está exposta á opinión pública".

Ademais, na declaración —que require o apoio de todos os grupos con representación no Pazo do Hórreo—, o Lexislativo galego lembra que o fallo "non é firme" e, por tanto, "pode ser recorrido co obxectivo de que se modifique a cualificación xurídica" dos feitos probados como delito continuado de abuso sexual.

Neste sentido, a Cámara traslada o seu "acordo" co anuncio do Ministerio Fiscal de presentar recurso contra a sentenza.

TRABALLAR "A PROL DA IGUALDADE REAL"

O Parlamento galego tamén trasladou "todo o seu apoio e solidariedade" á vítima e os seus achegados.

Finalmente, reafirmou o seu "compromiso para continuar traballando a favor da igualdade real e efectiva" e "en defensa dos dereitos das mulleres".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Montesquieu aquí esváralles

Primeiro vou decir que a sentencia é patética. Se iso non é violación e con moita violencia non sei xa que terían que facer... Dito isto, creo que o Parlamento, poder lexislativo, non debería facer estas cousas precisamente porque DEBERÍA HABER separación de poderes. O que deben facer os parlamentos son leis que efectivamente permitan a separación real de poderes e leis que poñan punto final a este estado franquista con leis franquistas e un poder xudicial franquista. Así non terían que levar as mans á cabeza con casos así. Pero sabemos que isto non vai acontecer neste estado franquista verdade?