Feijóo di que non é o momento de reformar o Código Penal despois da sentencia da Manada

O presidente da Xunta, non comparte a postura do ministro de Justicia e di que é partidario de primeiro "arrefriar as cousas" e "despois tomar decisións".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/04/2018 | Actualizada ás 13:27

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, amósase partidario de primeiro "arrefriar as cousas" antes de "tomar decisións" para reformar o Código Penal, logo da sentenza de nove anos de prisión para os cinco integrantes d'A Manada' por un delito continuado de abuso sexual.

Feijóo
Feijóo | Fonte: Europa Press

A preguntas dos medios este luns despois dun acto sobre o 'brexit' en Santiago de Compostela, Feijóo contestou: "Poñamos sensatez nisto, imos arrefriar as cousas e haberá propostas sobre iso". "Eu creo que é bo sempre na vida arrefriar e despois tomar decisións", agregou nas súas declaracións aos medios o titular do Goberno galego.

Estas declaracións de Feijóo chegan despois de que o ministro de Xustiza, Rafael Catalá, asegurase que o Goberno terá en "semanas" unha primeira proposta de reforma do Código Penal.

Noutra orde de cousas, sobre como ve o futuro do PP de Madrid após a dimisión de Cristina Cifuentes, Feijóo limitouse a asegurar: "Imos seguir traballando".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo

Usar as violacións como medida do tirón das faccións internas do PP para cando toque devorar o cadaver de Rajoy é a mellor definición do PP. Non se pode dicir que agochen nada