Miño-Sil abre novo expediente sancionador a Ponteareas por verteduras ao Tea

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil abriu outro expediente contra o Concello de Ponteareas (Pontevedra) por verteduras ao río Tea. Os residuos son augas vertidas desde un pozo de bombeo da rede de saneamento municipal, segundo comunicou este martes o grupo ecoloxista Adenco.

Por E.P. | Ponteareas | 27/02/2018 | Actualizada ás 18:02

Comparte esta noticia

En concreto, o colectivo Adenco explicou que este expediente se iniciou por unha vertedura directa de augas residuais á canle do río Tea desde un pozo de bombeo da rede de saneamento municipal no lugar da Freixa, na parroquia de Ribadetea, que provocou unha gran vertedura de freza dos salmónidos.

Río Tea, en Ponteareas
Río Tea, en Ponteareas | Fonte: Adenco

Este expediente súmase a outro aberto pola Confederación Hidrográfica este mesmo mes por unhas verteduras de augas residuais sen depurar que chegan ao río, "a través tanto do propio emisario da depuradora como a través do aliviadoiro".

Adenco insistiu en que seguirá "de preto este tema" e, "máis aló de sancións económicas", buscará "unha solución real e rápida ao problema" neste espazo protexido que é o río Tea, que "non pode continuar padecendo as agresións derivadas das actuacións das propias administracións públicas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta