A curia aparta o cura colombiano que namorou aos feligreses de dez parroquias galegas

Denuncian que Leonel, que misava en Coristanco e Cabana, foi enviado a zonas selváticas colombianas co beneplácito do Arcebispado de Santiago.

Por Galicia Confidencial | Coristanco | 27/01/2018 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Leonel Díaz Guaque levaba xa dez anos en Galicia. Era un cura redentorista de orixe colombiana que gañou o afecto da veciñanza das parroquias de Valenza, Castro, Rececinde, San Xusto, San Paio, Centiña, Verdes, Cereo e Corcoesto, nos municipios de Coristanco e Cabana de Bergantiños (A Coruña). Pero desde hai unhas semanas xa non misa nestes lugares. Foi destinado á selva colombiana.

O cura Leonel Díaz, nun acto relixioso
O cura Leonel Díaz, nun acto relixioso | Fonte: Petón do Lobo

Os seus feligreses están desconcertados por este fulminante traslado que non foi pedido por el, senón obrigado polo bispo colombiano do que depende. Un traslado forzoso que estes veciños denunciaron xa ante o Arcebispado de Santiago que garda silencio. De feito, se a curia compostelá pedira o seu retorno, Leonel, tería que volver. Pero, polo momento, ese non é o caso.

Os veciños solicitaron xa a monseñor Julián Barrio, arcebispo de Santiago de Compostela, que realice todos os trámites necesarios para que o sacerdote regrese de Colombia a onde foi destinado, sen previo aviso, e continúe como cura destas parroquias “no exercicio da súa labor pastoral que tanto se agradece”, din. De feito, xa solicitaron audiencia co arcebispo e está a recoller sinaturas para reclamar o seu regreso ás parroquias.

Polo momento, todo é silencio. “No arcebispado xa non nos collen o teléfono”, critican e denuncian que, ademais, xa non poden comunicarse co cura porque a curia compostelá --que é a que lle suministrou o seu teléfono móbil- restrinxiulle as chamadas entrantes. “Non sabemos xa nada del. Só que o mandaron para un recuncho da selva”, apuntan a Galicia Confidencial.

MOI QUERIDO

“Leonel Primitivo Díaz Guaque é un sacerdote, que no tempo que leva no exercicio da súa tarefa relixiosa, demostrou ser un gran valido das persoas enfermas, das personas necesitadas, amante dos animais e do medio ambiente”, din.

Sacerdote Leonel Díaz Guaque, trasladado a Colombia, tras misar en Coristanco e Cabana
Sacerdote Leonel Díaz Guaque, trasladado a Colombia, tras misar en Coristanco e Cabana | Fonte: Petón do Lobo

Ademais, destacan que, durante os seus anos en Coristanco e Caban salientou polo elevado número de restauracións de imaxes relixiosas, o restablecemento de cultos, como o culto a Sta. Bárbara na parroquia de Corcoesto, e a realización de obras nos edificios relixiosos, por exemplo, a acometida de auga na capela de Sta. Margarida de Baneira.

REDENTORISTA

As fontes consultadas din que na decisión de afastalo podería estar a súa pertenza á Congregación do Santísimo Redentor, que é unha comunidade relixiosa fundada o 9 de novembro de 1732 por san Alfonso María de Ligorio en Scala, preto de Nápoles (Italia), e aprobada pola Santa Sé en 1749.

Os redentoristas caracterízanse por predicar e axudar aos fieis pobres e que viven en lugares remotos, principalmente, comunidades rurais. Actualmente, hai preto de 5.500 sacerdotes redentoristas, moitos deles, en América Latina.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Beatas

Pó que quedamos, meu

2 eusi

O cabezallo da noticia é un chisco sensacionalista, non si?

1 Beni

Que pouca sensibilidade ten NOSA IGRESA...