Temas: SANIDADE BURELA

Unha paciente do Sergas denuncia que leva medio ano agardando por un ecocardiograma de estrés

Plataforma Sanitaria A Mariña faise eco desta denuncia posta no Hospital da Costa de Burela. Varios veciños móstranse "indignados e preocupados" pola privatización de servizos.

Por Galicia Confidencial | Burela | 28/11/2017 | Actualizada ás 16:01

Comparte esta noticia

Guida da Costa Ramada, unha paciente do Hospital da Costa de Burela, denunciou que leva agardando por un ecocardigrama de estrés dende o mes de maio; unha denuncia que trasladou á Plataforma Sanitaria A Mariña, que critica que "esta proba debería terse feito en setembro" como tarde.

Hospital da Costa de Burela
Hospital da Costa de Burela | Fonte: Sergas.

A usuaria, segundo consta na denuncia, puxo no mes de outubro pasado a súa primeira reclamación, da que "non obtivo resposta", polo que "puxo unha segunda reclamación un mes máis tarde, tamén desatendida". Isto levou a esta paciente a contactar coa Plataforma Sanitaria para dar a coñecer o seu caso.

Na súa denuncia ante o Sergas, a afectada expón:

"Yo, Guida Da Costa Ramada, con historia cllnica no 2045543 y número de teléfono XXXXX . me dirijo a la Gerencia del Hospital da Costa de Burela, con el objetivo de poner en su conocimiento algo que ya debería de saber, dado que es la tercera vez que pongo una reclarnación. Llevo desde el mes de mayo esperando una Ecocardio Stress de cardiologla, que como muy tarde deberla de estar hecha en el mes de septiembre. Visto que los protocolos no se cumplen y nadie me llama para hacer dicha prueba, el dia 10 de octubre pongo mi primera reclamación, a la cual hacen caso omiso. Pongo una segunda reclamación el día 10 de noviembre y ustedes siguen haciendo lo mismo, En el dia de hoy [27-11-2017] pongo una tercera, y hasta aquí hemos llegado! Estoy tomando tratamiento para el corazón sin saber si lo necesito o no, ya que no sé lo que tengo. A partir de hoy les hago responsables de todo cuanto pueda pasar en relación con mi salud, ya que se ríen ustedes de los pacientes. Soy paciente, pero no me subestimen. Visto que en este hospital las reclamaciones van al cajón sin fondo, tomaré las medidas legales oportunas contra la dirección del hospital y la Gerencia Integral de Lugo, por ser de justicia".

QUEIXA COLECTIVA POLA PRIVATIZACIÓN DE SERVIZOS

Por outro lado, na mañá do 27 de novembro, un grupo de veciños que se confesan "indignados e preocupados" porque os seus historiais clínicos "fosen levados a Lugo e a cargo dunha empresa privada", acudiu ao hospital da Costa e formalizaron a solicitude de copia do seu historial completo.

A Plataforma Sanitaria faise eco das súas demandas e pon de manifesto que "este é un paso máis por parte do Goberno da Xunta cara unha paulatina privatización dos servizos sanitarios, como vimos decindo dende hai tempo", manifestan.

Temas: SANIDADE BURELA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 anonimo

Hai 3 cardiólogos en Burela, dous homes e unha muller, para 70000 habitantes. Un por cada 23000. Debemos ter unhas taxas de enfermidade cardiaca nunca vistas no mundo. ¿Ou retrasan deliberadamente a atención?

1 Dr Bacterio

Xa verán como non tardan en remitila a algún hospital privado concertado da Coruña

1 anonimo

E a opción política escollida pola maioría dos galegos e galegas.