O PP tamén fala da súa corrupción: “Hai que rematar con esas prácticas”

Alberto Núñez Feijóo comparte as declaracións do avogado do Estado no caso Gürtell de que haxa unha “sentenza exemplar” e di que iso demostra que ese avogado “que representa ao goberno” -de Rajoy- quere que se remate con esas prácticas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 02/11/2017 | Actualizada ás 15:03

Comparte esta noticia

Semanas coa crise de Cataluña teñen ocultado un dos sumarios máis mediaticos dos últimos tempos; o da trama Gürtel de financiamento irregular do Partido Popular e que senta no banco dos acusados a ex altos cargos deste partido. E, sobre esta cuestión, referiuse o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tras ser preguntado por Galicia Confidencial na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.

Pablo Crespo e Correa no xuízo da Gürtel
Pablo Crespo e Correa no xuízo da Gürtel | Fonte: ep

“Está dacordo co que dixo o avogado do Estado de que hai que ter unha sentenza exemplar no caso da Gürtel?”, preguntouselle. A súa resposta foi ben elocuente: “É moi indicativo que quen teña dito iso sexa o avogado do Estado que representan a postura do Goberno e que é a mesma que tamén apoia o partido que apoia a ese goberno”, dixo en alusión ao PP, que é o principal investigado nesta trama.

“Con estas medidas e actutudes queremos pasar páxina do presunto financiamento irregular dos partidos e iso ten que comezar co partido que está no goberno”, indicou. “Por iso estou a favor de medidas contundentes”, engadiu. Con todo, Feijóo criticou a outros partidos, en especial a Ciudadanos, Podemos ou o PSOE por tentar investigar esta cuestión no Congreso, pero non no Senado, onde a maioría absoluta está en mans do Partido Popular.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 anonimo

Coas prácticas de jauma matas sí. Coas do de Valencia, coas de Rato, as do propio Rajoy, etc. Con isas non, que teñen máis caché e sonche de mellor familia. Case tan boa familia coma a do cuñado condeado a 6 anos que vive en Suiza, onde non che deixan entrar con antecedentes penais. Qué pena...

1 A mafia de Génova

Ten razón o "presidentiño", de prácticas nada, en canto a corrupción os PePeiros son todos uns profesionais