O rei das orquestras, insolvente total?

Representaciones Lito chegou a dominar o gran mercado das verbenas en Galicia grazas a grupos como a Panorama ou París de Noia. Agora, un xulgado declara a súa insolvencia absoluta, pero Lito mantén a actividade empresarial noutros negocios.

Por Manuel Vilas | Santiago de Compostela | 08/08/2017 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Un xulgado de Pontevedra acaba de declarar a Representaciones Lito en situación de “insolvencia total”.  Angel Martínez Pérez, administrador desta compañía, gañouse a pulso o alcume de “o rei das orquestras” porque chegou a controlar a maioría do mercado das verbenas do país hai oucosp anos.

Cantantes da Orquesta Panorama
Cantantes da Orquesta Panorama | Fonte: orquestas5c.blogspot.com

Lito caeu en desgracia cando Facenda lle meteu o dente. A Fiscalía pídelle 14 anos de prisión e 53 millóns de multa por evadir o pago de impostos de 2011 e 2012. 

Facenda considera que a maioría das contratacións de combos tan famosos como a Panorama ou a París de Noia facíase en negro. Na vista oral do preito Lito, que defende a súa inocencia con rotundidade, negouse a declarar tras lograr atrasar o xuízo varais veces. De acordo a súa versión, el era un mero intermediario entre as orquestras e as comisións de festas que se quedaba cunha pequenísima parte do negocio, a penas un 5 por cento. Algo que o fiscal nega, pois aínda que os músicos operaban oficialmente como autónomos, actuaban baixo as ordes, segundo o fiscal, do representante.

O citado xulgado xa declarara a Representaciones Lito en insolvencia provisional en novembro. Tamén en 2016, outro xulgado pontevedrés forzara a “execución de títulos xudiciais”, é dicir, un embargo, sobre bens da compañía.

Isto non quere dicir que as citadas orquestras non sigan a traballar. Como é notorio, andan en plena temporada de romarías; pero operando a través de empresas que, oficialmente, nada teñen que ver co empresario encausado.

Lito, Ángel Martínez Pérez, sae do xuízo por fraude fiscal
Lito, Ángel Martínez Pérez, sae do xuízo por fraude fiscal | Fonte: CRTVG

Lito, pola súa parte, mantén actividade empresarial noutros sectores. Así, é administrador dos ximnasios Centro Deportivo La Condesa, segue sendo administrador de Produciones Artísticas Lito, sociedade que igual que a embargada está baseada na nave preto de Caldas onde tiñan base as orquestras, pero que non presenta contas, polo que en teoría non ten actividade, dende 2011.

Ao contrario do que informou incialmente GC tras consultar o Rexistro Mercantil, Lito nada ten con Marper Revestimientos SL, construtora de Vegadeo, cuxo administrador solidario ten o mesmo nome e apelidos que o empresario galego dos espectáculos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Mafia xenovesa

Outro que se adicaba a política de intermediación, e deixaba a economía as comisións. Cando menos non lle botaria tanta faciana, e pousaría o cú entre a maxistratura.

2 André

Em Vegadeo nom, na Veiga.

1 Capitán Obvio

Home, a ver. Se facía todo en B... Cartos nos bancos normais e revisables por Facenda non ten... Preguntade en Suíza, Andorra, Panamá...

1 anonimo

Si bueno. Non creo que che sexa tan pijiño él como para telos aí. Eu furaba no chan da nave de caldas e polos falsos teitos do chalé. ¿Os pais teñen galpón?