Nesta web utilizamos cookies propias e de terceiros para prestar os nosos servizos, contabilizar as visitas, mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias e integrarnos con varias redes sociais. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode consultar a nosa información detallada.
Por Homo ambulans - Guido Álvarez | Lugo | 27/04/2017 | Actualizada ás 12:00
Muralla Romana de Lugo, do século III (Foto: Guido Álvarez Parga)
¿Será que a morriña está ligada a esa virtude das terras galaicas? Será que os galegos e os visitantes de Galicia estrañan na distancia esa pracenteira sensación de perderse e sentirse libres e cargados de enerxía? Non o sei… en todo o mundo perderse é unha aventura… pero si é certo que as vibracións deste chan atlántico teñen algo especial que engancha e atrapa.
Regueiro das Hortas, Vía Romana XIX, Camiño Primitivo a Santiago (Foto: Guido Álvarez Parga)
O Camiño, os camiños… hoxe en día son cada vez máis sinónimos de Galicia. Somos terra de peregrinos, de aventureiros, de migrantes, de mariñeiros, de románticos e buscadores… O lugar onde moitos perdidos veñen atoparse, e un lugar que nunca marcha das entrañas daqueles que o pisan algunha vez.
Alto do Lago, Becerreá, Os Ancares (Foto: Guido Álvarez Parga)
¿Serán eses bosques milenarios? ¿Serán eses muros de pedra humedecidos polos séculos? ¿Serán eses ollos galegos que semella que acumulasen xeracións de sentimentos e aventuras nas súas retinas? ¿Por que cando un camiña por estas terras sente que os calendarios pesan menos que noutras partes do mundo? ¿Quizais é por iso que Galicia sempre pregunta máis do que afirma… porque dubidar fainos libres…
Guido Álvarez Parga (Lugo, 1985).Guía Oficial de Turismo de Galicia. Axente de viaxes en Galicia Infinita. Diplomado en Turismo, máster en Planificación e máster internacional en Paisaxes Culturais. Percorrido formativo e laboral en varios países europeos (Francia, Alemaña, Italia e Reino Unido).
Twitter: @guidoalvarezp / Facebook: guidoalvarezp / Flickr: guidoalvarezparga
Máis artigos de Guido Álvarez aquí.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.