A madeira convertida en arte e artesanía galega

Inaugurada en Santiago a exposición “Da árbore á cadeira”. Permanecerá aberta no Museo Gaiás da CdC ata o 5 de novembro.

Por GC Tendencias | Santiago de Compostela | 07/04/2017 | Actualizada ás 13:47

Comparte esta noticia

A mostra "Da árbore á cadeira. A madeira e as súas artes””, que se desenvolverá ata o 5 de novembro no Museo Gaiás da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela foi inaugurada hoxe. 

Equipo da exposición Da árbore a Cadeira
Equipo da exposición Da árbore a Cadeira | Fonte: Cidade da Cultura

O presidente da Xunta de Galicia e numerosos invitados participaron na inuguración deste venres. A empresa de augas Viaqua o Banco Sabadell e Cándido Hermida son os colaboradores. A entrada é de balde e poderase visitar até o 5 de novembro.

 

A exposición dirixe a ollada dos visitantes cara á riqueza ambiental dos bosques,  a tradición en Galicia dos oficios vinculados ás artes da madeira e ao deseño contemporáneo do moble.O percorrido comeza nos propios bosques galegos, baixo a ollada de fotógrafos como Manuel Vilariño, Vari Caramés, Xosé Caruncho, Juan de la Sota ou Juan Rodríguez; grandes artistas plásticos como Castelao, Seoane, Maside e figuras contemporáneas como Pamen Pereira ou Jorge Perianes. 

Nunha segunda etapa, a exposición ofrece unha viaxe polo deseño desde os pioneiros (Isaac Díaz Pardo, Alejandro e Jesús de la Sota e Xosé Bar Bóo) ate os contemporáneos, entre os que se atopan moitos dos grandes arquitectos e deseñadores galegos, como Manuel Gallego Jorreto, Irisarri e Piñera, Noguerol e Díaz, Iago Seara, Carlos Quintás, Creus e Carrasco, Tomás Alonso, Elías Cueto, Lucía Buceta ou Iñaki Leite.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta