Unha loita de 11 anos para erradicar a especie invasora herba da Pampa

Está catalogada como unha das 20 especies exóticas invasoras máis daniñas presentes en España e con serios efectos prexudiciais sobre os ecosistemas autóctonos.

Por Galicia Confidencial | Oleiros | 13/01/2017 | Actualizada ás 11:40

Comparte esta noticia

Eliseo Zaera é un técnico que traballa no concello de Oleiros e que leva once anos loitando para erradicar a “Cortaderia selloana”, máis coñecida como herba da Pampa, deste concello e doutras partes de Galicia. Tanto el como varios veciños do municipio están moi preocupados pola presencia masiva que o tamén coñecido como "Plumacho" está adquirindo en toda a zona.

Exemplares de herba da Pampa, unha especie invasora que ameaza a flora autóctona
Exemplares de herba da Pampa, unha especie invasora que ameaza a flora autóctona | Fonte: EU Narón

A "herba da Pampa" é unha especie invasora que ameaza a biodiversidade da flora e a fauna autóctona o eliminar a vexetación local desprazando así a flora e a fauna da nosa terra. Está catalogada como unha das 20 especies exóticas invasoras máis daniñas presentes en España (GEIB, 2006) e con serios efectos prexudiciais sobre os ecosistemas autóctonos de diferentes rexións do Norte da península Ibérica. Por iso, o concelleiro de EU de Narón, André Abeledo, reuniuse con Zaera e varios veciños para tentar coñecer como poñerlle coto a esta nova especie invasora.

De feito, a “herba da Pampa” é un autentico perigo ao non ter depredadores, ningún animal é capaz de comela, e ten un gran potencial de reprodución, xerminación e colonización de terreos baldíos e abandonados.  Ao aparecer xa no catalogo de especies invasoras de España e Galicia, pode tentar ser xa erradicala. 

Protocolo de tratamento

André Abeledo defende a necesidade de establecer en Narón un "Plan de Traballo" e un "Protocolo de Tratamento" para controlar e erradicar está praga antes de que o problema se agrave. “Entendemos que nun principio deberiamos centrar os esforzos nos terreos municipais, polígonos, solares, e os marxes das carreteiras”, apunta.

De feito, considera que a elaboración dun material de referencia para a xestión das accións de control e eliminación desta especie invasora en Galicia “faise, polo tanto, moi necesaria” de xeito que unha actuación coordinada e ben planificada, “impida que se agraven os efectos negativos do recente establecemento desta especie nos ecosistemas naturais” no país. Concellos como Oleiros xa se está a traballar fai anos para controlar esta especie invasora. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta