O Concello de Tui sofre un ataque informático

A orixe está nun cryptovirus que afecta a innumerables arquivos encriptándoos e impedindo o acceso aos mesmos.

Por Galicia Confidencial | Tui | 02/12/2015 | Actualizada ás 14:35

Comparte esta noticia

A web do Concello de Tui sufriu un ataque informático que mantivo paralizados distintos departamentos. “Onte -polo marte-  ao mediodía detectouse a presenza dun cryptovirus que afecta a innumerables arquivos encriptándoos e impedindo o acceso aos mesmos”, apunta nun comunicado.

A Xunta sufriu varios ataques hackers nos últimos meses
A Xunta sufriu varios ataques hackers nos últimos meses

“Sospeitase que a infección comezou nun ordenador e ao través do servidor se estendeu ao resto dos equipos”, apuntan os técnicos do concello O ataque afectou a "innumerables arquivos, encriptando e impedindo o acceso aos mesmos".

Desde a detección do problema, un equipo de técnicos, aos que se sumaron expertos do departamento de novas tecnoloxías da Deputación de Pontevedra, tratan de resolver o problema informático.

O Concello de Tui anuncia a súa intención de presentar unha denuncia por ataque informático e pide desculpas ás persoas que non poidan ser atendidas por este motivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta