Dous galegos senlleiros

Nestes últimos días, dous galegos ilustres e senlleiros, pasaron á seren historia. Dous homes con facetas distintas que levaron dentro de sí a alma desta terra. Dous seres humanos extraordinarios que, na súa traxectoria vital, deixan pegada. Deixan unha gran obra para que reflexionemos no medio dunha sociedade que camiña á unha velocidade de vértigo e, onde pouco hai permamente e si moito efímero e cambiante. Unha sociedade líquida na que, ás veces o termo modernidade confúndese con progreso e con humanización, cuestión cando menos discutible e enganosa.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 02/12/2015

Comparte esta noticia
Neira Vilas, (Gres, Vila de Cruces 1928) coa publicación das Memorias dun neno labrego, fíxonos revivir, alomenos  ós que nacemos e nos criamos no rural, cantidade de historias que existían ó noso arredor e que non eran recollidas en ningún xornal, pois non tiñan rango de noticia. Púxo no mapa a realidade dos que non eran e tampouco aspiraban a serer algo na vida, pois soamente pretendían sobrevivir. Si, ir tirando   no medio dun tempo escuro, clasista e cargado de humillacións de todo tipo para os que non eran señoritos. E, xa de mozos, cando limos as andanzas de Balbino, decatámonos e descubrimos que dentro daquela aparente normalidade da posguerra, a xente do rural éra menospreciada fronte a da vila ou mellor a da urbe. E asi, vimos reflectidas verbas que ate aquil intre non aparecían nos cadernos ós que tíñamos acceso. Pero na inmensa obra de Neira Vilas non somente  queda reflexada á infancia dos nenos do rural. Non. Tamén hai espazo para saber moto da emigración de milleiros de galegos que cruzaron o atlántico; que foron grandes emprendedores; que deixaron marca de país alén da súa terra. 
 
O outro baluarte, que tamén nos deixou nestes días, foi Xosé Chao Rego, (Vilalba 1932) crego e teólogo que tentou, con máis de trinta obras publicadas, e unha xeira moi grande de artigos  que amosaban achegar e modernizar a  Igrexa ós crentes galegos. O traballo de Chao Rego neste eido foi inmenso. Fundador e principal animador das Revistas de pensamento cristián Encrucillada e Irimia, dende as que   tratou de revertir a situación dunha igexa aliada do poder político e a ditadura franquista,  que maiormente vivía  de costas á relidade galega. Pretendía  unha  igrexa que mantivera vivas as herdanzas dos noso ancestros, que se modernizara,  bebendo nas nosas raíces e que  a partires do idioma amosara  unha maneira  distinta  de ver e de enter a fé e a mensaxe de Cristo.
 
Dous galegos deixaronnos nestes días pasados. Dous homes que marcan un tempo. Un, puxo en solfa nos libros o que acontecía nunha relaidade que todos coñecían pero que unha parte da sociedade e o poder político intencionadamente  menospreciaban e marxinaban. Foi a voz dos que non eran ninguén, pero que loitaban por ser e existir con dignidade e ademais tiñan aspiracións e soños na vida.
 
E outro, exercendo o ministerio de Cristo na terra, traballou por achegar a relixión cristiá  que aparecía como santificadora e  aliada dun poder político que nos ignoraba e aínda nos  ignora como pobo; que se amosaba  como castigadora, controladora e represora de costumes e modos de vida herdados,  e defendía un visión da vida que menospereciaba o idioma desta terra. 
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com