Luísa Villalta, a homenaxeada das Letras Galegas, nos trens de Renfe

Unha imaxe da poeta estará nos repousacabezas dos asentos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/05/2024 | Actualizada ás 12:19

Comparte esta noticia

Renfe e a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta asinaron un acordo de colaboración para impulsar o Día das Letras Galegas, celebrado cada 17 de maio e este ano dedicado á escritora Luísa Villalta.

Segundo explica a compañía, a imaxe da autora coruñesa destacará nos repousacabezas de diferentes trens de alta velocidade que realizan traxectos de Media Distancia e Avant entre A Coruña, Santiago e Ourense; e entre Vigo, Santiago e a cidade herculina.

Esta campaña, destaca, ten como obxectivo fomentar a cultura e a lingua galega, así como os desprazamentos en ferrocarril, "medio de transporte comprometido coa sustentabilidade ambiental, eficiente e seguro". Para iso, Renfe exporá nos seus espazos de información a viaxeiros de diferentes estacións os carteis gañadores do 'Concurso das Letras Galegas 2024', correspondente á categoría de educación secundaria.

Renfe súmase aos actos do Día das Letras Galegas cunha imaxe de Luísa Villalta
Renfe súmase aos actos do Día das Letras Galegas cunha imaxe de Luísa Villalta | Fonte: RENFE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta