Temas: FUXIDAS

Unha aproximación á illa Esmeralda

Como é a illa de Connolly e de Joyce, a illa verde das vacas, a que supura música por todos os seus poros, a que chora chuvia case sempre e a que ri, acolledora, cando ten visitantes... Samanta F. Cortés, xornalista que traballa en Irlanda, iranos contando pequenas historias do fogar dos  Tuatha Dé Danann e Fomoré.

Por Gc Tendencias | Dublin | 20/10/2015 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Vagones del convoy siniestrado en Santiago de Compostela en 2013

Unha vaca en Irlanda
Unha vaca en Irlanda

 Se tes sede de cultura e beleza mesturadas en perfecta armonía, Irlanda é sen dúbida o lugar indicado. Os vendaváis e a choiva ininterrumpida crean o berce ideal para a creatividade, baixo unha tonalidade verde intensa que agroma en todo-los recunchos do país.

Fai anos que quería pasar unha tempada nun país anglo-falante e a cousa estaba entre Escocia e Irlanda. Fixen oídos xordos a todas aquelas persoas que me desmotivaron co argumento de que o acento era máis enrevesado do que o da veciña Inglaterra, e prepareime para esta nova andaina. Dende logo que estaban no correcto, costa un pouco habituarse ás particularidades da fala, mais agora vou pasar a explicar unhas cantas ventaxas de ter elexido esta illa como residencia provisional.

A actividade artística supura por tódo-los poros da pel irlandesa, dende os pobos máis pequenos ata as cidades, que exceptuando Dublín non pasan moito de cen mil cápitas. Probablemente unha das cousas que máis me chamaron a atención foi a presenza de galerías de arte en pequenas aldeas, as cales non aglutinan máis de dous mil habitantes. Aĺén de ser unha auténtica delicia dende calquera punto que se mire, unha xa se pon a pensar sobre a cantidade de artistas que hai por metro cadrado, ademáis do espazo que a sociedade lle concede aos mesmos para que expoñan as súas creacións.

Pobo na costa de Irlanda
Pobo na costa de Irlanda

Outro dos pilares fundamentais da vida cultural irlandesa é a literatura. Dende a poesía de Yeats ata ensaios libertarios do revolucionario James Connolly, pasando polas novelas de Joyce ou Oscar Wilde. Hai un océano de libros onde sumerxirse ata as entrañas de Irlanda.

Vagones del convoy siniestrado en Santiago de Compostela en 2013

Por outro lado, atópase a música, a cal configura unha das pezas clave á hora de establecer un organigrama dos aspectos culturais de Irlanda. É unha das motivacións principais que chaman a visitara a illa a inxentes cantidades de turistas tódo-los anos.

Os Pubs están sempre ateigados de xente que pasa as horas entre pinta e pinta, falando, afogando as penas ou disfrutando da música tradicional. Isto non é un tópico, isto é o día a día en calquera vila á que te achegues de luns a domingo. E se hai algo que me deixou abraiada, é o feito de que calquera día da semana atopas músicos tocando nos diferentes pubs por volta das oito da tarde, ¡gañando o seu xornal! A música é unha actividade extremadamente respetada e ben paga nesta terra. A forma de expoñela é tamén bastante diferente á que eu viña afeita, xa que non adoita haber un escenario en case ningún local, polo tanto os músicos ubícanse nunha das mesas do pub e tocan alí sentados (ainda que estén tocando con amplificación). Persoalmente atopei isto marabilloso! Unha maneira completamente descontraída e simple de mimetizar a música co ambiente.

Mais non todo é de cara adentro neste país.A paisaxe é outra das partes que fan que unha se namore da cor verde, do cheiro do mar e do son do vento nesta illa. Tamén é certo que a maxia remata nun anaco, e sempre se agradece o feito de ter algún transporte, tetería ou pub onde resgardarse cando de repente comeza a chover sen previo anuncio. Por algo debe ser que a xente adoita decir con retranca: “se non che gusta o clima, espera cinco minutos”.

A verdade é que a climatoloxía é incriblemente adversa en Irlanda, mais iso non a converte en menos especial. Ainda que son unha apaixonada do sol, manteño e seguirei mantendo que hai un romanticismo inexplicable na choiva. ¡Non é casualidade que esta sexa terra de artistas! Así como tampouco é que o sexa Galicia. Salvando as diferencias, vexo centos de similitudes ca nosa terra tódo-los días.E o final decántome por crer o que me dixo un amigo fai un tempo: “Irlanda é unha especie de Galiza, pero independente.”

Vagones del convoy siniestrado en Santiago de Compostela en 2013

Samanta F. Cortés (Sober, 1986) ten o  título de licenciada en Ciencias Políticas mais é viaxeira de profesión. Aproximándose cada vez máis ao xornalismo de viaxes, escribe para revistas dixitais e na súa páxina web.

www.endondesea.com   @endondeseablog

Cantís en Irlanda
Cantís en Irlanda
Temas: FUXIDAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Alba

Noraboa polo artigo, dende logo que espero con ansias que trates máis temas en profundidade, tanto os que nos gustarían para unha Galiza independente, coma os que non... Gran iniciativa pola túa parte e pela de GaliciaConfidencial, unha boa forma de sacarlle algo de partido a iso que chamamos emigración forzosa. Ánimo!