A Xunta pide ao Goberno "cubrir as lagoas" da normativa estatal sobre obras ilegais en costa

"Unha edificacion que teña orde de demolición e non se execute en 15 anos si que pasaría a situación de fóra de ordenación, con todo unha edificacion que leva 40 anos edificada nunca estaría nesa situación", citou como exemplo a conselleira de Vivenda, María Martínez.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/05/2024 | Actualizada ás 16:19

Comparte esta noticia

A conselleira de Vivenda, María Martínez, instou ao Goberno central a "cubrir as lagoas" da normativa estatal sobre obras ilegais na costa, despois de que o Tribunal Constitucional declarase inconstitucional que Galicia limite a 15 anos o prazo de actuación contra obras ilegais neste ámbito. A preguntas dos medios, nun acto en Pontevedra, instou ao Goberno a "regular a prescrición da caducidade da acción" ao entender que o fallo do Tribunal Constitucional expón, segundo a Xunta, "a falta de competencia dunha comunidade para cubrir esa lagoa que existe na normativa estatal".

"Unha edificacion que teña orde de demolición e non se execute en 15 anos si que pasaría a situación de fóra de ordenación, con todo unha edificacion que leva 40 anos edificada nunca estaría nesa situación", citou como exemplo e tras incidir en que a normativa autonómica busca "crear seguridade xurídica a esas construcións que levan décadas na servidume de costas".

Da normativa estatal, remarcou que "non establece un prazo de caducidade de acción para que a administración poida iniciar un expediente de reposicion da legalidade como existe en zonas de especial protección como a paisaxística", apostilou tamén. Agora, dixo que o que espera a Xunta é que o Goberno "regule esa prescrición da caducidade da acción" se o Constitucional considera "que as comunidades autónomas non son competentes para esa regulación".

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue | Fonte: XOÁN CRESPO - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Está claro que nin ao PP nin ao PSOE lle interesa resolver a cuestión das ilegalidades na costa Non só as edificacións que levan 40 anos invadindo a zona de servidume marítimo-terrestre... senon as que hoxe mesmo se están construíndo contra calquera sentido común e contra os cidadáns que nin siquera poden arranxar un tellado mentras outros levantan urbanizacións a carón do mar... https://flic.kr/p/2pL6PHF