Coñece os novos horarios dos autobuses entre Ourense e Lugo

A Xunta adapta os horarios de dous autobuses entre Ourense e Lugo para axustalos ás xornadas laborais de usuarios.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/05/2024 | Actualizada ás 11:17

Comparte esta noticia

A Xunta adapta os horarios de dous autobuses entre Ourense e Lugo para axustalos ás xornadas laborais de usuarios. Segundo detalla a administración autonómica, os cambios aprobados atenden á petición das persoas que se desprazan a diario de Ourense a Lugo maioritariamente para acudir aos seus postos de traballo.

Así, os novos horarios adáptanse á entrada e á saída das súas xornadas laborais ao longo de todo o ano, de maneira que variarán entre a tempada laboral de inverno e a tempada laboral de verán, que vai de 22 de xuño a 10 de setembro.

En concreto, a ida, na liña Lugo E.A.-Taboada-Ourense E.I., sairá da capital ourensá en tempada de inverno ás 5:50 horas e chegará a Lugo ás 07:20 horas. Durante o verán, o servizo manterá os horarios actuais, saíndo ás 06:15 horas e finalizando ás 07:45 horas.

A volta, na liña Lugo E.A.-Ourense E.I., sairá de Lugo ás 15:00 horas no inverno e ás 14:45 horas no verán. A información relativa aos servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.

Flota de autobuses Monbus
Flota de autobuses Monbus | Fonte: EP - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta