Un camión cargado de lousa que excedía en 15.000 quilos a carga permitida enfróntase a 4.000 euros de multa

Foi interceptado na parroquia de Sobradelo, en Carballo de Valdeorras.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 30/04/2024 | Actualizada ás 14:01

Comparte esta noticia

Un camión que transportaba lousa foi interceptado na parroquia de Sobradelo, en Carballeda de Valdeorras, cando excedía nuns 15.000 quilos a carga permitida, un exceso de peso de case o 60 %. Segundo informou a Garda Civil, unha patrulla de tráfico localizou ao vehículo cando circulaba pola estrada que une a localidade de Sobradelo co límite da provincia de León.

Ao comprobar a documentación e realizar a súa pesada os axentes detectaron como a báscula arroxaba un exceso de peso do 59,8 %. En concreto, o camión, que saíra dunha louseira próxima, cifraba en 41.550 quilos o peso, cando a carga máxima do vehículo era de 26 toneladas.

O vehículo, quedou inmobilizado ata a descarga do exceso de mercadoría sobrante e o seu titular enfróntase a unha sanción de 4.000 euros pola infracción. A Garda Civil lembra que, sobrecargar o camión, ademais de ir contra da normativa vixente, representa un importante risco para a seguridade viaria.

Interceptado un camión cargado de lousa que excedía en 15.000 quilos a carga permitida en Carballeda de Valdeorras
Interceptado un camión cargado de lousa que excedía en 15.000 quilos a carga permitida en Carballeda de Valdeorras | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta