A Xunta pide ao Goberno que rectifique e inclúa a Galicia no proxecto Viena de vivenda alcanzable

A conselleira de Vivenda discrepa "rotundamente" da xestión do proxecto e lamenta que non houbese interlocución entre Executivos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2024 | Actualizada ás 13:52

Comparte esta noticia

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, criticou o proxecto Viena do Goberno central e solicitou a súa rectificación para que se inclúa a Galicia.

En resposta a unha interpelación presentada polo grupo popular este mércores, Allegue destacou que a Xunta comparte o obxectivo que busca o citado proxecto pero discrepan "rotundamente" na forma na que o Goberno xestiona o programa.

"Primeiro, porque non houbo interlocución algunha co Executivo e tivemos coñecemento o pasado mes de outubro a través dos medios de comunicación. Segundo, porque a nosa comunidade queda fóra do proxecto, desa fase inicial de construción de ata 3.500 vivendas. Non inclúe a Galicia e non sabemos moi ben o porqué, nin que criterios está a empregar o Goberno de España para adoptar esta decisión", detallou.

Así mesmo, informou de que se lle requiriu oficialmente e en varias ocasiones explicacións ao Goberno, "pedíndolle rectificación para que inclúa á comunidade", á Sareb e tamén á ministra de Vivenda.O que atoparon, continuou, é "a calada por resposta" da Ministra e, por outra, cun "protocolario acuse de recibo". Con todo, avanzou que seguirán insistindo, como levan facendo anos, "requirindo á Sareb o traspaso das vivendas".

De feito, sinalou, a semana pasada o director do INJUVS remitiu unha nova carta, esta vez ao director de xestión da Administración Pública e Relacións Institucionais, "instando o Goberno de novo a que Galicia forme parte dese programa Viena e pedindo información oficial, seria e detallada".

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, no pleno do Parlamento. XUNTA DE GALICIA
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, no pleno do Parlamento. XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta