Temas: PSDEG BESTEIRO

Besteiro anuncia unha "nova etapa" no PSdeG coa economía e servizos sociais como eixos

Avanza que terá unha Executiva para esta nova etapa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/04/2024 | Actualizada ás 17:32

Comparte esta noticia

O secretario xeral electo do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que conformará unha Executiva que estará chamada a "marcar a nova etapa" dos socialistas galegos e que contará con perfís centrados "no mundo da economía" ou no "reforzo dos servizos públicos".

Nunha entrevista en RNE Galicia recollida por Europa Press, Besteiro insistiu en que os nomes que formarán parte da dirección do partido coñeceranse o mesmo día do Congreso, que se celebra o vindeiro domingo. "Alí conformaremos ese equipo que entre todos estamos chamados a marcar esta nova etapa", manifestou.

Con todo, si avanzou que os perfís estarán centrados no "mundo da economía", nos servizos públicos, na "ambición en apostas culturais, de lingua" e "novas competencias de autogoberno" para lograr "unha Galicia máis moderna".

Así, defendeu que os socialistas galegos abren agora "unha nova etapa" na que sente "a confianza", polo que mantén "a ilusión de recuperar o protagonismo entre a maioría de votantes progresistas de Galicia".

Para lograr esa "estabilidade", sinalou que o PSOE se apoiará "na arquitectura institucional" na que "xa está presente". "Nós non somos un partido alleo ao goberno, representamos unha forza que está presente en moitas administracións e por tanto o noso papel é desde unha perspectiva de goberno", aseverou.

O portavoz parlamentario do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, en rolda de prensa na Cámara galega.. PSDEG
O portavoz parlamentario do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, en rolda de prensa na Cámara galega.. PSDEG | Fonte: Europa Press

EURODEPUTADO

En clave interna, cuestionado sobre se Nicolás González Casares repetirá como candidato ás eleccións ao Parlamento Europeo, despois de que o PSOE vigués se propuxese tamén a Gonzalo Caballero, Besteiro insistiu en que esa decisión a tomará o próximo Comité Federal en Madrid, pero apuntou que "demostra que o PSOE ten a moita xente capaz para desempeñar o papel de eurodeputado".

ALTRI

Por outra banda, preguntado pola súa postura sobre o proxecto de celulosa e fibras téxtiles que Altri quere instalar en Palas de Rei, Besteiro pediu a Alfonso Rueda "respostas" sobre a declaración de proxecto estratéxico desta factoría.

Nesta liña, cuestionou por que no ano 2022 "dicíase que xeraría 2.500 empregos e agora non chegan nin a 500". "Alguén terá que dar unha explicación", sostivo antes de lembrar que "o rigor ambiental é unha esixencia legal.

Temas: PSDEG BESTEIRO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta