Rueda, chamado a comparecer no Congreso sobre a compra de material na covid, ve isto unha "cortina de fume" do PSOE

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, criticou que o Partido Socialista utilice como "cortina de fume" a comisión de investigación posta en marcha no Congreso sobre a compra de material sanitario para evitar falar do caso 'Koldo'.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/04/2024 | Actualizada ás 14:26

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, criticou que o Partido Socialista utilice como "cortina de fume" a comisión de investigación posta en marcha no Congreso sobre a compra de material sanitario para evitar falar do caso 'Koldo'. O máximo mandatario autonómico pronunciouse deste xeito en declaracións aos medios durante unha visita ao centro de acollida de animais de Meis ao ser preguntado por este órgano no que el mesmo figura entre os chamados a comparecer, do mesmo xeito que "outros responsables con cargos actualmente" na Xunta e outros que xa non.

Tras asegurar que esperará a ter a comunicación oficial para facer unha valoración, dixo que se trata dunha "cortina de fume" para "non falar do que realmente pasou", do que se está vendo que está xudicializado. "Cousas que che fan botar un pouco as mans á cabeza", manifestou en referencia ao caso 'Koldo'.

Neste sentido, sinalou que o PSOE "nin quería citar" ao exministro de Transportes José Luís Ábalos. "Vemos citacións de fiscais que recoñecen que son un erro e din que se vai a cambiar... Hai moi pouca seriedade nisto e teño clarísimo que é unha cortina de fume para non falar do que realmente pasou", indicou.

Así as cousas, considerou que "agora a saída é dicir que hai que citar a unha chea de persoas", entre as que figura el mesmo, e lembrou que o Consello de Contas xa auditou á Xunta e que dixo que non atopaba irregularidades. "Se nos cita o Congreso, eu teño a obrigación de ir e non teño máis nada que dicir", afirmou Rueda, que considerou que "non é serio" que "case vaia a rastro o exministro Ábalos".

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visita un centro de protección de animais en Meis
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visita un centro de protección de animais en Meis | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta