Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/04/2024 | Actualizada ás 13:12
Un xabaril percorreu na medianoite entre o mércores e o xoves o centro da cidade de Santiago, onde foi avistado por diferentes veciños por rúas como Castrón Douro, O Hórreo, a estación intermodal ou o barrio de Sar. Segundo relatan veciños de Castrón Douro a Europa Press, o xabaril avanzaba ás 00.00 horas do xoves en solitario con dous coches detrás da Policía Local que advertían do perigo cun megáfono. Seguiu a súa camiñada nocturna por Curros Enríquez e Bernardo Barreiro.
Os bombeiros de Santiago explican que recibiron chamadas da presenza do animal na contorna de Brañas do Sar e a estación intermodal, así como Bernardo Barreiro. Finalmente, bombeiros e Policía Local lograron neutralizar ao porco salvaxe nun garaxe no Hórreo. Posteriormente, foi liberado no monte polos axentes.
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- O incendio dun guindastre obriga a cortar unha estrada en Ourol
- Enrique Domínguez, gastroenterólogo, sobre o fenómeno viral do SIBO: "Ata a miña veciña me pregunta"
- Piden ao Sergas a destitución da directora de Enfermaría do CHUO pola súa xestión nos quirófanos
- Aínda non chegou o verán a Galicia: unha DANA deixará choivas nalgúns puntos este sábado
- Feministas critican que un home estea na Dirección Xeral contra a violencia de xénero
- Morre unha promesa do volei galego afogado nunha piscina dun hotel de Benicàssim