Un incendio calcina parte da sala de equipos eléctricos da estación de tren de Tui

Non houbo que lamentar danos persoais.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 14/04/2024 | Actualizada ás 20:54

Comparte esta noticia

Un incendio calcinou parte da sala de equipos eléctricos da estación de tren do municipio pontevedrés de Tui e o fume afectou a todo o cuarto. Segundo informou o 112, foi ao fío das 16.00 horas cando o persoal de seguridade de Adif alertou do suceso, do que non houbo que lamentar danos persoais. Ademais, fontes coñecedoras do incidente consultadas por Europa Press detallaron que a circulación ferroviaria segue operativa. Ata o punto, alertados pola central de emerxencias, desprazáronse os Bombeiros do Porriño e a Policía Local de Tui.

Estación de tren de Tui
Estación de tren de Tui | Fonte: Wikipedia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta