Os viaxeiros de bus urbano soben case un 10% en Galicia en febreiro, a metade que a media española

Segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) este xoves.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/04/2024 | Actualizada ás 10:58

Comparte esta noticia

Os viaxeiros que usaron o autobús urbano en Galicia en febreiro foron preto de 5 millóns, o que supón un 9,8% máis que no mesmo mes de 2023, segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) este xoves.

Este incremento de Galicia supón a metade do ritmo de crecemento do 20,3% que se anota a media española, cun total 169,7 millóns de viaxeiros de bus no país. De feito, é a segunda comunidade pola cola, só por encima de País Vasco (7,5%). No outro extremo, sobresae Canarias (30,2%).

A fin de manter o segredo estatístico, non se publican os datos das comunidades autónomas de Illas Baleares, Cantabria, Comunidade Foral de Navarra e A Rioxa e das cidades autónomas de Ceuta e Melilla. No acumulado dos dous primeiros meses do ano, os viaxeiros de bus ascenden un 10,9% na comunidade galega, lonxe do 19,4% de subida no conxunto estatal.

Parada de bus en Santiago
Parada de bus en Santiago | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta