Rescatan a unha muller que caeu por un barranco nunha praia de Rianxo

Atopábase atrapada nunha zona de desnivel á que caera.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/04/2024 | Actualizada ás 19:48

Comparte esta noticia

Os bombeiros rescataron a unha muller que caeu por un barranco situado na praia de Quenxo, no municipio coruñés de Rianxo. Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o suceso produciuse ás 17,30 horas deste mércores no areal rianxeiro, ata onde se mobilizaron os efectivos de emerxencias tras recibir o aviso dun particular.

A muller tivo que ser retirada polo equipo de rescate, xa que se atopaba atrapada nunha zona de desnivel á que caera. Unha vez fóra do lugar, foi atendida polos profesionais de Urxencias Sanitarias 061.

Pintadas contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a directora do 061 Galicia, Adriana Regueira, e o líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, nunha ambulancia
Pintadas contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a directora do 061 Galicia, Adriana Regueira, e o líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, nunha ambulancia | Fonte: FEGAM - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta