A USC, entre as mellores institucións universitarias en cinco áreas de coñecemento segundo o ranking mundial QS

A Universidade de Santiago mellora este ano a súa posición neste ranking co incremento de materias destacadas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/04/2024 | Actualizada ás 17:11

Comparte esta noticia

O World University Ranking QS sitúa á USC entre as mellores institucións universitarias nun total de 19 ámbitos temáticos de cinco áreas de coñecemento, segundo os datos que acaba de facer públicos na súa clasificación por materias correspondente a 2024. Os datos deste ano confirman a tendencia alcista neste ranking da USC, que incrementou o número de materias entre os 200 primeiros postos.

Os ámbitos nos que máis destaca a USC neste ranking son os de Arqueoloxía, Farmacia e Farmacoloxía e Lingüística, que se sitúan no intervalo 151-200 das universidades do mundo. Tamén en postos destacados (intervalo 201-250) se atopan Historia, Linguas Modernas, Comunicación e Medios, Enxeñaría Química e Lingua e Literatura Inglesa.

Química e Educación sitúanse no intervalo 251-300, e completan este ranking de materias destacadas no ámbito mundial Agricultura e Forestal, Dereito, Física e Astronomía, Matemáticas, Ciencias Ambientais, Medicina, Ciencias Biolóxicas, Economía e Econometría e Ciencias da Computación e Sistemas de Información.

O vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación, Gumersindo Feijoo Costa, destaca o incremento que este ano experimentou a USC en canto ao número de materias nas que conseguiu un posicionamento destacado, pasando de 13 a 19 entre 2021 e 2024.

A Universidade de Santiago de Compostela (USC). UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
A Universidade de Santiago de Compostela (USC). UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta