O SERGAS publica a relación definitiva das listas de selección temporal para técnico auxiliar de enfermaría

O total de aspirantes admitidos neste ciclo é de 14.430

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/04/2024 | Actualizada ás 16:15

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia publica este martes unha resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas pola que se dá publicidade á relación definitiva coa orde de prelación e as puntuacións definitivas obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de elaboración das listas de selección temporal da categoría de técnico en coidados auxiliares de enfermaría.

O total de aspirantes admitidos neste ciclo é de 14.430. Así, o número de aspirantes da categoría de técnico en coidados auxiliares de enfermaría que forman parte destas novas listas de selección temporal increméntase en 1.128 persoas respecto das listas anteriores.

Xeráronse un total de 14.559 inscricións, das que o 7,75% foron novas inscricións realizadas despois da data límite de presentación do anterior proceso e só resultan excluídas o 0,89% das solicitudes de participación.

As listas atópanse publicadas, a disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), no apartado Emprego Público-Listaxes de persoal estatutario.

Proximamente, informou a consellería, publicaranse as listas definitivas de facultativos especialistas, médico de admisión e documentación clínica e médico de hospitalización a domicilio.

Oposicións SERGAS. XUNTA DE GALICIA
Oposicións SERGAS. XUNTA DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta