O Concello de Santiago pide á Xunta a xestión pública da residencia doada pola Fundación Amancio Ortega

O consistorio compostelán tamén reclama ao executivo galego a ampliación do centros de día no termo municipal

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/04/2024 | Actualizada ás 15:28

Comparte esta noticia

A primeira tenente de alcaldesa de Santiago e concelleira de Servizos Sociais, María Rozas, instou á Xunta a ampliar a oferta de centros de día da cidade e que a residencia de maiores que foi doada pola Fundación Amancio Ortega "se xestione desde o público" e non como finalmente será, a través dunha concesión.

A preguntas dos medios, a 'número dous' do goberno do Pazo de Raxoi recoñeceu non saber se o novo xeriátrico do Restollal acollerá os primeiros usuarios en maio, tal e como avanzaba a semana pasada o presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda.

Sobre esta cuestión, María Rozas dixo que a Administración autonómica é a "responsable de valorar" e "estudar os requisitos" para a adxudicación das prazas. O que si sabe o Concello, porque Servizos Sociais o ve "no día a día", é que as "necesidades" dos composteláns pasan polas residencias pero tamén por "eses centros de día que están prometidos" por parte do Goberno galego.

"Desde o Concello detectamos que temos unha necesidade cada vez maior de atender ás persoas maiores. Cada vez temos a máis xente maior nunha situación de vulnerabilidade, que viven soas sen unha contorna familiar", explicou a concelleira.

Por iso mesmo, Rozas avoga non só por "reforzar" prestacións como o Servizo de Axuda non Fogar (SAF), senón tamén por que Santiago se adhira o programa 'Xantar na Casa' e por contar con máis residencias e centros "que non acaban de chegar".


A Concelleira de Dereitos e Servizos Socias, María Rozas /  CONCELLO DE SANTIAGO  / Europa Press
A Concelleira de Dereitos e Servizos Socias, María Rozas / CONCELLO DE SANTIAGO / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta