Unha vela aromática desemboca nun incendio que puido rematar en traxedia en Vigo: un home a súa filla tiveron que ser rescatados

O lume orixinouse na habitación da nena, e o pai explicou que prendera unha vela aromática no cuarto. Levouse á nena a durmir con el e cría que a vela do dormitorio dela xa se consumira. Uns ruídos espertárono de madrugada e decatouse de que a vivenda estaba chea de fume, polo que pediu axuda pola xanela.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 01/04/2024 | Actualizada ás 14:24

Comparte esta noticia