A Xunta cifra en 725 millóns os custes para Galicia de prorrogar os orzamentos do Estado

Rueda critica que esta decisión non trae "ningunha consecuencia beneficiosa" para as autonomías.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/03/2024 | Actualizada ás 14:34

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia cifrou en 725 millóns de euros o déficit que provoca a falta de actualización das entregas a conta por parte do Goberno estatal coa súa renuncia a aprobar orzamentos xerais do Estado (PGE).

Así o sinalou na rolda de prensa posterior á reunión do Consello, na que o titular de Facenda en funcións, Miguel Corgos, deu conta do informe elaborado pola Xunta que analiza as consecuencias para Galicia da non aprobación das contas estatais.

Na súa intervención, Corgos sostivo que, só nos primeiros dous meses do ano, o déficit ocasionado por esta falta de actualización das entregas a conta situouse nos 121 millóns, tendo en conta que supón un importe mensual acumulado de 60,5 millóns.

Pola súa banda, o presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, volveu a criticar que o Executivo estatal renunciase a aprobar o PGE pola convocatoria das eleccións catalás, unha decisión que leva consecuencias para as comunidades autónomas e "ningunha beneficiosa".

Rueda asegurou que esta decisión do Goberno suporá que se "vaia a prorrogar o que ata agora é o peor orzamento do Estado que Galicia tivo en moitos anos" e tamén repercutirá en servizos esenciais como a sanidade, as infraestruturas e o pago a provedores.

Reunión do Consello da Xunta
Reunión do Consello da Xunta | Fonte: DAVID CABEZON @ XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta