Os galegos residentes no estranxeiro crecen un 1,4 % no último ano, ata 539.972 persoas

O 18,4 % dos españois que reside fóra das fronteiras nacionais é galego.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/03/2024 | Actualizada ás 13:30

Comparte esta noticia

A poboación galega residente no estranxeiro aumentou un 1,4 % durante 2023, alcanzando as 539.972 persoas a 1 de xaneiro de 2024, segundo datos publicados este martes polo Instituto Nacional de Estatística (INE), recollidos por Europa Press. Así, o 18,4 % dos españois que reside fóra das fronteiras nacionais é galego. En total, máis de 2,9 millóns de españois vive no estranxeiro. Por provincias, 185.832 coruñeses viven fóra, así como 156.889 pontevedreses, 76.318 lugueses e 115.933 ourensáns.

Do total de galegos que reside no estranxeiro, 113.877 vive noutros países europeos, destacando o caso de Alemaña, que alberga a 17.717 galegos; así como Francia, onde hai 19.514. En América residen máis de 410.590 galegos. Deles, 182.633 están en Arxentina e 46.593 en Cuba.

Centos de persoas durante a procesión do Santo Encontro, en Ferrol
Centos de persoas durante a procesión do Santo Encontro, en Ferrol | Fonte: Raúl Lomba

CAE A EMIGRACIÓN

A pesar destes datos, nun comunicado, a Xunta destacou que o número de emigrantes galegos (persoas que naceron na Comunidade e residen no exterior) volveu a baixar o ano pasado nunhas 2.861 persoas. Con todo, a poboación galega total que vive no exterior segue crecendo pola inscrición de descendentes de galegos nados xa no estranxeiro.

Para o Goberno galego, a realidade demográfica constitúe unha "oportunidade" para Galicia, que conta cun "importante aliado" fóra das súas fronteiras para superar o reto demográfico. "Con esta finalidade, Galicia foi pioneira na implementación da Estratexia Galicia Retorna, que segue facilitando que os galegos volvan", reivindicou o Executivo autonómico.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta