Temas: FUXIDAS

Lalín está de festa até o próximo martes

The Groovin' Flamingos , Los Árboles e El Combo Dominicano son algunhas das actuación previstas para as festas patronais da Virxe das Dores. Resumo do progama no interior.

Por GC Tendencias | Lalín | 18/09/2015 | Actualizada ás 13:36

Comparte esta noticia

Lalín está de festa patronal na honra á Virxe das Dores que dan comezo hoxe venres. Trátase duns festexos cunha oferta musical, cultural e de ocio moi importante e variada.

A banda compostelana Los Árboles
A banda compostelana Los Árboles

O Concello destaca que "foron programadas de xeito que poidan ser atractivas para todos os públicos e capaces de contentar a todas e todos os cidadáns que sexan de Lalín ou se acheguen á vila durante os próximos 5 días"- A programación dos festexos busca levar as actividades a todas as zonas do casco urbano.

Os actos comezarán a pé da Estatua de Loriga, monumento representativo e símbolo da vila, hoxe ás 22.00 horas, co lanzamento do chupinazo por parte do alcalde Rafael Cuíña (CxG), e coa lectura do pregón, do que se encargará o coñecido e polifacético veciño de Lalín, Celso Fernández.

Este é un resumo do programa:

 

Venres 18 de Setembro, neste día celebrarase a Festa dos Oitenta amenizada pola discoteca móbil CDC e polo grupo Alkar.  A Banda Xuvenil do Porto, a Banda Xuvenil de Lalín, a Banda Xuvenil de Vilatuxe, Doblevida e The Artificeros tamén animarán coa súa música aos presentes. 

Cartel das festas de Lalín 2015
Cartel das festas de Lalín 2015

 

Sábado 19, o grupo Atenas, A Banda da Tasca, Los Árboles, 80 e Tantos, o Dúo Deseño, Cromatica Pistona, The Grooving Flamingos, Pachi e Montse, a Banda A Lira de Prado e as charangas Ardores e Verbeneros poñerán a nota musical a esta segunda xornada de festa durante a cal se celebrará a Feira do Vento. 

 

Domingo 20, tocarán Sintonía de Vigo, Gran Parada, Banda de Lalín, Coro dá Rá, charanga Km 0 e charanga Chourizo Crillo. Os presentes tamén poderán goza cunha exhibición solidaria de Zumba e cos fogos de artificio. Neste día terá lugar, ademais, a segunda e última das xornadas da Feira do Vento. 

 

Luns 21 (festivo local), o grupo Claxxon, orquéstra Costa Oeste e a Banda de Vilatuxe animarán coa súa música ao público presente neste día dedicado aos mais pequenos. 

 

Martes 22 (festivo local), nesta última xornada de festa veciños e visitantes poderán deleitarse coa música das orquestras El Combo Dominicano e Fania Branco Show, coa Banda de Muimenta e as charangas Km 0 e Verbeneros. 

Cuíña agradece, en nome do Concello de Lalín, o traballo da comisión de festas e, en particular, o do seu presidente, Daniel Antelo, polo “esforzo e ilusión postos na organización dunhas festas que se auguran moi exitosas”. Así mesmo, quixo dar as grazas aos veciños e veciñas que coa súa colaboración fixeron posible a celebración das Festas da Virxe das Dores 2015.

The Groovin' Flamingos
The Groovin' Flamingos
Temas: FUXIDAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta