(Vídeo) Que pasaría se o amigo de Marcial Dorado fora Pedro Sánchez e non Feijóo?

Sánchez di que con esa amistade, Feijóo "escalou todo máis alto no PP pero no PSOE non chegaría nin a concelleiro de pobo".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/03/2024 | Actualizada ás 22:20

Comparte esta noticia

"Imos imaxinar que eu son alto cargo dunha comunidade, poñamos que da Xunta de Galicia. E durante cinco anos teño unha relación de estreita amizade cun capo do narcotráfico", dixo Pedro Sánchez nun cara a cara con Feijóo no Congreso, aludindo despois a comidas, hoteis, vacacións xuntos, así como viaxes a Canarias, Eivissa, Portual ou "mesmo Andorra onde supostamente este narcotraficante blanqueou 21 millóns dos francos franceses de entón".

"Se fora eu e non vostede agora mesmo estaría a pedir a miña dimisión. Pero non o fai porque foi vostede o que desenvolveu esa amizade cun capo do narcotráfico en Galicia", asegurou, para engadir que o líder do PP "con ese historial, puido escalar todo o máis alto" do seu partido pero no PSOE "non chegase nin a concelleiro de pobo".

Nova fotografía de Feijóo con Marcial Dorado no Oratus, un barco que, segundo Aduanas, serviu para traficar droga
Nova fotografía de Feijóo con Marcial Dorado no Oratus, un barco que, segundo Aduanas, serviu para traficar droga | Fonte: El Pais

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta