O 061 atendeu a máis de 80 persoas en 60 accidentes durante a fin de semana, moitos a causa do temporal

O venres foi a xornada con máis sinistros, cun total de 27.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/03/2024 | Actualizada ás 15:12

Comparte esta noticia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu a un total de 82 persoas en 60 accidentes de tráfico ocorridos durante a pasada fin de semana (entre a tarde do venres e a noite do domingo). Segundo informa a Xunta nun comunicado, a central de coordinación do 061 recibiu un total de 79 chamadas sobre accidentes. O venres foi a xornada con máis sinistros, cun total de 27.

Do total de persoas atendidas, un 55 % eran homes e un 45 %, mulleres. O maior grupo de accidentes por idades foi entre 30 e 44 anos, un 36 % do global. Por provincias, A Coruña e Pontevedra son os que rexistraron máis accidentes, con 25 en cada caso. En Lugo houbo sete e en Ourense, tres. Os recursos sanitarios mobilizados foron 76, entre o que se inclúe un desprazamento dun helicóptero medicalizado. En 60 ocasións os feridos foron trasladados a centros sanitarios e en 20 atendeuse no propio lugar. Dúas persoas resultaron falecidas no sitio do sinistro.

Central de atención telefónica de Urxencias Sanitarias 061 Galicia
Central de atención telefónica de Urxencias Sanitarias 061 Galicia | Fonte: URXENCIAS SANITARIAS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta