Aproveita un permiso penal para tentar introducir droga no cárcere de Teixeiro

A Audiencia Provincial da Coruña xulgará o vindeiro xoves a un home para o que solicitan catro anos e seis meses de prisión por tentar introducir droga no cárcere de Teixeiro.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 10/03/2024 | Actualizada ás 12:52

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial da Coruña xulgará o vindeiro xoves a un home para o que solicitan catro anos e seis meses de prisión por tentar introducir droga no cárcere de Teixeiro. Segundo o escrito de Fiscalía, os feitos sucederon o 14 de novembro de 2022 cando o acusado, tras un permiso penal, con "grave dano" á saúde pública e con "ánimo de facilitar" a súa posterior distribución a cambio de diñeiro, procurou meter droga no cárcere.

O home levaba as sustancias (cannabis, haxix, heroína e cocaína) ocultas no seu corpo e, por todas elas, podería obter un prezo final de 1.641,15 euros na súa venda ao pormenor. Os feitos son constitutivos dun delito contra a saúde pública polo que o Ministerio Público solicita catro anos e seis meses de prisión, así como unha multa de 3.000 euros (con responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada 100 euros impagados).

Centro penintenciario de Teixeiro
Centro penintenciario de Teixeiro | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta