Ferrol mobilizarse este domingo para reclamar melloras laborais e un plan de futuro para a comarca

Esquerda Unida chama á mobilización no Día da Clase Obreira Galega.

Por Europa Press / Redacción | FERROL | 08/03/2024 | Actualizada ás 17:57

Comparte esta noticia

Esquerda Unida de Ferrol fixo un chamamento á mobilización o próximo 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega, para reclamar melloras nas condicións laborais, xa que "por moito que pase o tempo, a clase traballadora segue sendo a última prioridade nas axendas dos gobernantes, que prefiren render pleitesía ao capital".

Nun comunicado, a formación lembrou que este domingo se conmemora unha data "chave" na memoria da clase traballadora de Galicia, xa que se cumpren 52 anos dos tráxicos sucesos de Ferrol, cando os traballadores de Bazán saíron á rúa para reclamar melloras das súas condicións e foron repelidos pola policia franquista con violencia, falecendo dous deles, Amador Rei e Daniel Néboa. "Desde entón, non esquecemos", sinalou Esquerda Unida, que constatou que a comarca de Ferrol "segue sen aproveitar todo o potencial que ten" e "as diferentes promesas anunciadas por diversos gobernos seguen sen materializarse".

Respecto diso, volveu a insistir na necesidade de modernizar os estaleiros, de que se materialice a construccón das fragatas F-110, da reconversión cara ao ámbito das enerxías verdes, e de que se faga un plan a longo prazo con orzamento consigando para crear "oportunidades de futuro".

Finalmente, trasladou o seu apoio á manifestación que sairá ás 12,30 horas da porta de Navantia, con chegada ao Monumento 10 de marzo, impulsada desde CC.OO. Previamente, ás 11,00 horas, terá lugar a ofrenda floral organizada polo Concello.

Antiga Bazán, en Ferrol
Antiga Bazán, en Ferrol | Fonte: Fene.com - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta