O Parque Nacional das Illas Atlánticas segue batindo marcas: máis de medio millón de visitas en 2023

O Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas volveu a bater a súa marca de afluencia en 2023, con case 515.000 visitantes. Este dato supón unha subida do 5 % respecto ao ano anterior, e reflicte un incremento en todos os arquipélagos, especialmente no caso das Cíes, que rexistraron máis de 343.000 visitas, dous terzos do total.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 06/03/2024 | Actualizada ás 14:57

Comparte esta noticia