Investigado un home en Caldas por roubar un tractor e maquinaria a uns veciños

O suposto autor xa tiña antecedentes por feitos similares.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 05/03/2024 | Actualizada ás 16:02

Comparte esta noticia

Un home de 33 anos residente en Caldas de Reis permanece investigado polo roubo dun tractor valorado en 20.000 euros e de distinta maquinaria que supostamente subtraeu da vivenda duns veciños. Os roubos tiveron lugar o pasado mes de xaneiro, segundo informou este martes a Garda Civil, que abriu unha investigación por mor da denuncia.

O tractor, valorado en 20.000 euros, foi localizado nunha zona forestal do municipio pontevedrés de Moraña, onde fora abandonado. As pescudas policiais permitiron identificar ao suposto autor dos roubos, un veciño das vítimas de 33 anos e que ten un amplo historial de antecedentes por feitos similares.

Segundo a Garda Civil, o investigado vive a 800 metros da vivenda onde cometeu os roubos e era coñecedor de que os seus propietarios non se atopaban habitualmente nela. Durante o rexistro da súa casa, os axentes tamén localizaron varios obxectos, fundamentalmente maquinaria agrícola, que o investigado non puido acreditar a súa procedencia.

O investigado quedou en liberdade coa obrigación de comparecer ante o Xulgado de Instrución Nº 1 de Caldas de Reis cando sexa requirido para iso.

Investigan a un home de 33 anos acusados de roubar un tractor e maquinaria a uns veciños en Caldas. GARDA CIVIL
Investigan a un home de 33 anos acusados de roubar un tractor e maquinaria a uns veciños en Caldas. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta