Galicia quedará domingo en alerta amarela por temporal costeiro e neve na montaña de Lugo e Ourense

As precipitacións serán máis probables durante a mañá, que serán en forma de neve en cotas sobre os 800 metros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/03/2024 | Actualizada ás 20:12

Comparte esta noticia

Galicia estará este domingo en alerta amarela por temporal costeiro, no noroeste da Coruña e na Costa da Morte, e por neve na montaña de Lugo e Ourense. Segundo Meteogalicia, espéranse ondas de catro e cinco metros, acumulacións de neve en Lugo de máis 15 centímetros en 24 horas e en Ourense superiores aos cinco centímetros.

Durante a xornada do domingo a comunidade estará na influencia das baixas presións con ventos moderados de compoñente oeste, ceos anubrados con precipitacións máis probables durante a mañá, que serán de neve en cotas sobre os 800 metros. En canto ás temperaturas, as mínimas quedarán sen cambios significativos e as máximas terán un lixeiro ascenso.

-4,5 GRAOS EN MANZANEDA

Na xornada deste sábado a neve foi unha das principais protagonistas e os termómetros esborralláronse ata os -4,5 graos na cabeza de Manzaneda e alcanzou a máxima en Marín (Pontevedra), con 13,7 graos.

O refacho de vento máis forte rexistrouse en Manzaneda (125,9 km/h) e o total acumulado de precipitacións situouse nos 51 litros por metro cadrado en Fornelos de Montes (Pontevedra).

Unha paisaxe nevada, a 24 de febreiro de 2024, en Chandrexa de Queixa, Ourense, Galicia (España).. Rosa Veiga - Europa Press
Unha paisaxe nevada, a 24 de febreiro de 2024, en Chandrexa de Queixa, Ourense, Galicia (España).. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta