O PSdeG reúne ao seu Comité Nacional para inciar a refundación logo do trompazo electoral

Militantes que apoiaron a G. Caballero consideran que a dirección debe asumir responsabilidades e avogan por unha "reflexión profunda"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/03/2024 | Actualizada ás 16:32

Comparte esta noticia

O PSdeG buscará fixar "canto antes" o congreso para a renovación da súa dirección no Comité Nacional que celebrará este sábado en Cidade da Cultura de Santiago tras as eleccións do pasado 18 de febreiro.

Tal e como sinalaron fontes socialistas a Europa Press, a reunión do comité nacional, máximo órgano de representación entre congresos, servirá tamén para analizar os resultados alcanzados nesta cita coas urnas, na que o lucense José Ramón Gómez Besteiro foi o candidato socialista á Xunta e obtivo nove deputados, os peores resultados deste partido.

Con todo, a dirección galega e diferentes cargos socialistas pecharon filas en torno ao candidato á Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, e o propio secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, confirmou que daría un paso á beira convencido de que o futuro do PSdeG pasa por Besteiro para que "dote de estabilidade" ao partido e obteña un "magnífico resultado" dentro de catro anos.  Tamén Ferraz mostrou publicamente o seu respaldo a Besteiro para capitanear o futuro do partido.

Con todo, si se prevé que haxa intervencións críticas no comité, no que algunhas voces pedirán a "asunción de responsabilidades". Así, militantes que nas primarias á secretaría xeral apoiaron a Gonzalo Caballero criticaron que, tras os "malos resultados" do pasado 18F, a dirección do partido, en lugar de recoñecer a súa responsabilidade, trate de dicir "cal é o camiño a seguir" con "unha folla de ruta prefixada".

Ademais, conforme indicaron a Europa Press, consideran que a dirección se "oculta" detrás a figura de Besteiro para que "ninguén cambie" e "manter o control do partido" sen permitir o "debate" no seo da formación.

CRÍTICAS A UN "CONGRESO EXPRÉS" SEN "DEBATE"

Pola súa banda, en declaracións a Europa Press o exparlamentario autonómico Martín Seco, quen tamén é afín a Gonzalo Caballero, sostivo que "despois do trompazo electoral" a solución non pasa por un "congreso exprés".

Seco argumentou que prescindir dunha "reflexión profunda" suporía un "erro histórico". Por iso, incide na necesidade de que a dirección asuma a súa responsabilidade no resultado e avoga por que do comité nacional deste sábado salga un calendario que permita ao PSdeG dotarse dun liderado que salga das bases e no que estean todas as sensibilidades presentes, como forma de forxar un proxecto que ilusione a longo prazo.

O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, no Comité Nacional do PSdeG
O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, no Comité Nacional do PSdeG | Fonte: PSDEG

APOIO

Pola súa banda, a portavoz socialista da Deputación Provincial, Pilar García Porto, asegurou este venres en Lugo, tras a celebración da reunión ordinaria da Xunta de Goberno, que a renuncia de José Ramón Gómez Besteiro á súa acta de deputado no Congreso para centrarse no seu labor como parlamentario na Cámara galega é unha "evidencia" do seu "compromiso con Galicia e co socialismo galego".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

Se queremos facer análise electoral do sucedido en Vigo (aldea) nos seus 9 Distritos Electorais cicais a lectura que está a facer a UPG resulta novamente errónea e volverá a costarlle novos fracasos no futuro ! Os resultados electorais falan con claridade ! O BNG debera estar a buscar pactos co PP sen demora ! Plenos onde o BNG fai seguidismo do Tirano Local son xustamente o Contrario do que votou a Cidadanía en Vigo ! https://www.vigoe.es/elecciones-aut...

1 Compañeiro

Congreso XA ... voto da militancia... Besteiro e todo o personal está desacreditado. Se o PsdG quere sobrevivir hai que separarse un pouquiño de Madriz..... ven duro o ostión de Pedriño.... Koldo and company.... Begoñita e demáis. Coller distancia militancia e socialdemocracia de verdad.