O PP de Pontevedra alerta de "precaria" formación da Policía Nacional en reanimación e pide medidas

Alertaron da falta de desfibriladores nas comisarías da provincia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/02/2024 | Actualizada ás 14:01

Comparte esta noticia

Os senadores do PP de Pontevedra, Pepa Pardo, Nidia Arévalo e José Crespo, alertaron da "precaria" situación da Policía Nacional na formación en reanimación cardiopulmonar e da falta de desfibriladores nas comisarías da provincia.

Segundo informa a formación, os representantes pontevedreses recollen así unha denuncia pública efectuada pola Confederación Española da Policía relativa a que os novos policías das Comisarías de Pontevedra e Villargarcía de Arousa, non reciben a formación presencial para aprender a facer unha reanimación cardiopulmonar (RCP) ou usar un desfibrilador externo automático.

Do mesmo xeito, denuncian que a maioría das comisarías de Pontevedra carecen de desfibrilador automático. O PP considera "inaceptable" que a formación dos axentes sexa "a distancia ou teleformación en algo tan importante como é a formación sanitaria e que pode salvar vidas". Por iso, reclama que se dea aos axentes unha formación "digna e adecuada para poder prestar os servizos en condicións".

O presidente do PP de Pontevedra, Luís López, en rolda de prensa.. PP
O presidente do PP de Pontevedra, Luís López, en rolda de prensa.. PP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta