O ministro de Agricultura destaca que o cártel do leite corresponde a "feitos xa pasados"

Na súa opinión, apuntou, o sector do vacún de leite actual "é onde de forma máis clara vese a aplicación práctica da lei da cadea alimentaria", dunha forma que Planas cualificou como "moi positiva".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/02/2024 | Actualizada ás 18:45

Comparte esta noticia

O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas, eloxiou este xoves o funcionamento do sector lácteo español, apuntanto que condutas como a sancionada pola Audiencia Nacional no coñecido como o 'cártel do leite' corresponde a "feitos xa pasados".

Así ha resondido, a preguntas dos medios sobre a sentenza da Audiencia Nacional, que confirma a resolución da CNMC de xullo de 2019 que considerou que oito empresas lácteas --entre as que figuran Pascual, Danone, Lactalis ou Nestlé, entre outras, e dúas asociacións-- formaron un cártel para intercambiar información comercial sensible co fin de coordinar a compra de leite en España.

"A sentenza da Audiencia Nacional corresponde a feitos ocorridos no período, se lembro ben, de 2011 a 2013, ou sexa que son feitos xa anteriores. Non quero, evidentemente, entrar no fondo do asunto, do cal a Audiencia Nacional deu conta a través da súa sentenza", dixo Planas.

Na súa opinión, apuntou, o sector do vacún de leite actual "é onde de forma máis clara vese a aplicación práctica da lei da cadea alimentaria", dunha forma que Planas cualificou como "moi positiva".

"Hai uns labores de organización, de concentración e de organización da oferta que teñen que levar a cabo por parte dos sectores e o sector lácteo é un exemplo perfecto", engadiu, apuntando o incremento no prezo do leite desde 2022.

O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas ofrece unha rolda de prensa
O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas ofrece unha rolda de prensa | Fonte: Matias Chiofalo - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta