Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/02/2024 | Actualizada ás 13:45
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves os anuncios da Xunta nos que autoriza tres novos parques eólicos chamados: Monte Xesteiros, no municipio da Estrada; O Barbanza, no concello de Boiro; así como Monte Contado, entre os municipios de Lugo e Castroverde. No tocante ao parque Monte Xesteiros, promovido por Norvento, a Consellería de Economía, Industria e Innovación outorga a autorización administrativa previa. Conta con seis aeroxeradores e ten unha potencia global de 30 megawatts.
Pola súa banda, no parque do Barbanza, tamén impulsado por Norvento, outórgase autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción. Terá unha potencia de 15 megawatts. Igualmente, o Goberno galego concede a autorización administrativa previa e de construción para o de Monte Contado, de Naturgy Renovables. Terá unha potencia de 31 megawatts.
Paralelamente, o Executivo autonómico someteu a información pública a modificación da solicitude de declaración de utilida pública e a necesidade urxente de ocupación da liña de alta tensión para o parque eólico Pico Touriñán-SET Tivo, entre os municipios pontevedreses Cerdedo-Cotobade, A Estrada, Campo Lameiro, Moraña, Portas e Caldas de Reis. O prazo para presentar alegacións é de 30 días a partir deste venres, segundo figura no DOG deste xoves.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.