A gastronomía líquida será a protagonista de Galicia Fórum Gastronómico

Que se celebrará o 7, 8 e 9 de abril en Expocoruña.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/02/2024 | Actualizada ás 15:24

Comparte esta noticia

A gastronomía líquida e o viño volverán ser protagonistas de Galicia Fórum Gastronómico, que se celebrará o 7, 8 e 9 de abril en Expocoruña. Alí atoparanse diferentes profesionais do sector durante tres días nos que se programarán actividades enmarcadas no 'Wine Circus', como 'Wine Talks', 'Vinomios' e a Batalla de Catadoras.

Segundo informou Galicia Fórum Gastronómico a través dun comunicado, dentro do Fórum Gastronómico, o espazo dedicado ao viño 'Wine Circus', coorganizado co Instituto Galego do Viño, reunirá toda a cadea de valor do sector vitivinícola en Galicia desde unha perspectiva actualizada que pon o foco nas tendencias e vangardas.

Desta forma, o 'Wine Circus' acollerá a un grupo de pequenos produtores que "reflicten o espírito do viño en Galicia" e disporá dunha aula reservada á formación, ao debate e a reflexión, doe algúns dos profesionais compartirán as súas ideas e proxectos cos asistentes.

BATALLA DE CATADORAS

Ademais, celebrarase a segunda edición da Batalla de Catadoras que tanto "éxito tivo na pasada edición", un concurso de cata por parellas que terá lugar durante o domingo 7 e o luns 8 de abril, no que se realizarán tres fases clasificatorias en diferentes horarios onde poderán participar 16 parellas, que catarán cinco viños de calquera rexión vinícola do mundo a cegas. De cada unha dese tres fases sairán o cinco parellas que disputarán a Batalla Final.

O primeiro premio será de 1.000 euros, o segundo de 300 euros e o terceiro de 100. As inscricións para participar no concurso abriranse a próxima semana, cunha cota por parella de 60 euros e os gañadores daranse a coñecer en directo o luns 8 ás 19,00 horas.

WINE TALKS E VINOMIOS

Tamén se repetirán as 'Wine talks', unhas charlas de 15 minutos sobre actualidade no mundo do viño protagonizadas por catadores, e o 'mercado do viño', onde viticultores galegos darán a coñecer as súas novidades a profesionais do sector. Así mesmo, o 'Wine Circus' repetirá os 'Vinomios', nos que xornalistas e prescriptores do sector dialogarán cos responsables de sumillería dalgúns restaurantes mentres catan un viño.

Ademais de viño, tamén haberá actividades de coctelería, que se desenvolverán baixo a marca 'Cocktail Bar Fórum', que agrupa a aquelas empresas de destilados e bebidas expostas no espazo co mesmo nome, onde haberá cocteleros e expertos en mixología.

Inauguración da 20 edición do Galicia Fórum Gastronómico na Coruña. MONCHO FONTES - Arquivo
Inauguración da 20 edición do Galicia Fórum Gastronómico na Coruña. MONCHO FONTES - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta